As asociacóns desempeñan un papel moi importante na nosa sociedade. Por este motivo cremos que é necesaria unha estreita colaboración con elas, aportanto a nosa experiencia para
levar a bo porto as súas inquedanzas.
Dende Sorex, Ecoloxía e Medio Ambiente colaboramos activamente con asociacións autonómicas e nacionais aportando os nosos coñecementos técnicos e novas ferramentas para o
desenvolvemento de proxectos.
Participamos con GEAS, Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes en varios dos seus proxectos, aportando tanto os nosos coñecementos técnicos como desenvolvendo para eles protocolos e aplicacións para a toma de datos co programa CyberTracker.
Colaboramos con ADEGA no voluntariado ambiental dentro do Programa de seguimento do leirón (Glis glis). A primeira fase do proxecto consiste na
instalación de caixas niño específicas para esta especie no Parque Natural do Invernadoiro, para comprobar (mediante o uso deste método non invasivo) a presenza da especie.
De man se Sustinea participamos dende fai varios anos nos Monográficos de Fauna Salvaxe e noutros proxectos de voluntariado, realizando actividades de educación ambiental centradas na divulgación de coñecementos sobre os mamíferos e os quirópteros.
Colaboramos co Grupo Nutria da SECEM no IV sondeo de la Nutria en España (2014-2015). Paticipamos nos traballos de campo para o censo desta especie en todo o territorio galego.
Participamos nos traballos de campo do I Sondeo Ibérico de Tejoneras levado a diante polo Grupo Carnívoros da SECEM, e no desenvolvemento das secuencias de CyberTracker para a toma de datos.
E somos socios activos en varias asociacións, tanto nacionais como galegas.